Manuel Regos, alcalde de Ordes. |
Ordes conta xa con novas instalacións deportivas no municipio. Trátase de máis de 20.000 metros cadrados enmarcados dentro da nova Cidade Deportiva de Vista Alegre cuxas obras están xa rematadas. Unhas instalacións que contan con dous campos de fútbol, un de herba natural e outro de herba artificial, outro campo de fútbol para os máis pequenos, pistas de atletismo, vestiarios e graderíos renovados e unha cafetería con vistas aos tres campos de fútbol.
Aula de formación
Ademais esta nova cidade adicada ao deporte, está dotada tamén cunha aula de formación, pensada segundo explicou o alcalde, Manuel Regos, para que os 200 rapaces que acuden ás escolas deportivas, teñan un lugar onde poder recibir algún tipo de clase teórica, así como facer os deberes mentres esperan o seu turno de adestramento. Sen olvidarse tampouco do equipo de 3ª división, que sempre é un referente para o fútbol base do municipio.
Ademais, as instalacións están adaptadas para persoas con diversidades funcionais, facendo así do conxunto un lugar accesible e do que poden disfrutar todos os veciños de Ordes.