Castro: "A prioridade do próximo goberno municipal será a creación de emprego e a reactivación económica"
O BNG ponse como primeiro obxectivo, recuperar os 500 empregos destruídos nos últimos catro anos
O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou durante a charla cos alcaldes de Arzúa, Carballo e Teo que tivo lugar durante a noite do xoves, o seu compromiso de destinar o espazo do novo edificio do Concello a un viveiro de empresas e un centro de promoción económica. A prioridade do próximo goberno municipal, asegurou o candidato, “será a creación de emprego e a reactivación económica”. Castro manifestou que “o certo é que a ampliación do Concello non era unha obra prioritaria, mais xa non é a hora das críticas é a hora de buscar solucións á situación que está a vivir o noso concello.
Castro anunciou que “este será o primeiro paso dunha actuación de goberno que ten como obxectivo recuperar o dinamismo económico de Ordes como cabeceira de comarca e recuperar os 500 empregos destruidos nos últimos catro anos”.
O salón de actos do restaurante El Túnel acolleu a mesa redonda dos alcaldes nacionalistas. |
"Referencia política e modelo a seguir"
Respecto á mesa redonda baixo o título de Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG, que contou ademáis coa participación da deputada Ana Pontón, e dos alcaldes nacionalistas dos concellos de Arzúa, Carballo e Teo, Xaquín García, Evencio Ferrero e Martiño Noriega, o candidato nacionalista á alcaldía ordense manifestou “o seu agradecemento pola exposición das experiencias de goberno do BNG en tres concellos que posuen grandes similitudes co concello de Ordes, que están a ter grandes transformacións e avances da man de tres alcaldes nacionalistas que constituen unha referencia política e un modelo de xestión a seguir”.
*