miércoles, 9 de marzo de 2011

Aprendendo a aforrar nos consumos do coche

O Concello de Ordes celebrou esta mañá novos cursos de condución eficiente

Na mañá de hoxe no Centro Comarcal de Ordes tiveron lugar novos cursos de condución eficiente que completaron o ciclo que deu comenzo con outros dous cursos celebrados os pasados 24 e 25 de febreiro.

Consisten nunha parte teórica, na que se dan as técnicas de condución eficiente, e as súas implicacións. E unha práctica na que os alumnos desenvolven ditas técnicas. O obxectivo do curso, é que os alumnos coñezan diferentes técnicas que lles permitirán aforrar nos consumos do coche.

Esta iniciaiva parte dun convenio do IDAE, INEGA e FAEPAC. En total nos cursos celebrados nestes días participaron 22 veciños de Ordes.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Estes cursos son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Segundo as experiencias recollidas, podemos saber que o aforro medio de combustible por alumno está arredor do 15 por cento ó tempo que contribuímos á reducción das emisións contaminantes de maneira considerable”

*