Estará dirixida ao máis pequenos e dará comezo ás 16:00 horas
Aínda estás a tempo de inscribirte no concurso de disfraces do sábado de piñata
O Concello de Ordes ten preparado para mañá martes de Carnaval, dentro do programa de actividades elaborado con motivo da celebración do Entroido, unha gran “Tarde de Entroidada” dirixida aos máis pequenos do municipio.
A festa terá lugar na Alameda de Ordes a partir das 16:30 horas, onde os nenos e nenas ordenses poderán disfrutar de infinidade de obradoiros, entre eles, os de maquillaxe, disfraces, globoflexia, ademais de xogos cooperativos e animación de rúa. En caso de choiva a festa realizarase no pavillón Campomaior.
Últimos días para inscribirse no concurso de disfraces
Por outra banda o día grande da festividade do Entroido en Ordes será o vindeiro sábado 12 de marzo, Sábado de Piñata, co tradicional desfile e concurso de disfraces para nenos e maiores.
A partir das 17:00 horas dará comenzo o desfile dos disfraces polas principais rúas do pobo ata o campo da feira, onde se celebrará o concurso.
Un concurso no que haberá diferentes categorías, a de carrozas, a de comparsas infantís e de adultos, e a individual tamén diferenciada entre nenos e maiores, e no que se repartirán en total máis de 4.000 euros en premios.
Inscricións ata o mércores 9
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no concurso deben realizar a súa inscrición no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou ben chamando aos teléfonos 981 680002/ 981 680157. O prazo para inscribirse remata o vindeiro mércores 9 de marzo.
*