.
Aplicarase na escola infantil municipal en nenos de 0 a 3 anos
A concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe Silvia Marín, porá en marcha un programa de prevención e detección precoz de trastornos e dificultades dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos que acuden á escola infantil municipal, así como ás súas familias e educadores.
O programa está previsto que se leve a cabo entre os meses de marzo, abril e maio, no que dous técnicos expertos en desenvolvemento infantil acudirán á escola para coordinar as sesións de información, asesoramento e formación a familias e educadoras, así como para administrar e organizar os instrumentos de cribado en colaboración coas educadoras. Na última fase do programa tamén se desenvolverán os resultados ás familias, incluindo recomendacións, pautas de actuación e derivación a outros servizos nos casos nos que sexa necesario.
A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
"Trátase dun programa moi importante que servirá de medida de prevención para evitar ou reducir as dificultades relacionadas coa linguaxe, a atención, a conducta, a relación social e as aprendizaxes en idades posteriores”
*