jueves, 4 de febrero de 2010

O BNG presentará as súas alternativas para o sector lácteo


O acto terá lugar o sábado, no Restaurante El Túnel, e contará coa presenza de Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG

O Bloque Nacionalista Galego presentará as súas alternativas para o sector lácteo nun acto que se celebrará en Ordes e que contará coas intervencións de Antonio Oca, que foi Director Xeral de Producción e Calidade Agroalimentaria durante o goberno bipartito, e Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG.

O acto, que será presentado por Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG no Concello de Ordes, terá lugar o sábado, 6 de febreiro, ás 12:00, no Restaurante El Túnel.

*