Preto de 40 persoas participaron en cursos de formación e emprego organizados polo Concello co fin de facilitar a integración deste colectivo
Manuel Regos, fixo entrega esta mañá, xunto á concelleira de Servizos Sociais e Terceira Idade, Ana Mª Álvarez, dos diplomas acreditativos dos cursos de español e galego, cociña e atención a dependentes dirixidos a inmigrantes residentes no municipio e organizados polo Concello a través da oficina de información a migrantes.
No acto, o alcalde quixo destacar o traballo levado a cabo dende o Concello para con este colectivo, facendo fincapé nas campañas de información e formación que se están a realizar co único fin “de conseguir a integración deste colectivo tan importante no noso municipio, dándolles as ferramentas necesarias para que poidan lograr un traballo e desenvolver a súa vida social na nosa vila con total normalidade”.

Máis de 200 consultas durante 2009
Pola súa banda, Ana Mª Álvarez inicidiu tamén na importancia destes cursos para o desenvolvemento deste colectivo no municipio, á vez que destacou tamén outras iniciativas levadas a cabo pola Oficina de Información a Migrantes do Concello de Ordes como o asesoramento xurídico, laboral, social e psicolóxico que contou con 243 consultas durante 2009, ou o programa sociosanitario iniciado en 2008 en colaboración co Centro de Saúde.
En canto á participación nos cursos foron arredor de 40 os participantes nestas tres iniciativas, 8 no curso de español e galego, 16 no curso de cociña e 17 participantes no curso de coidado a persoas dependentes.
No acto estivo presente tamén o director da ONG Ecos do Sur, Francisco Hurtado, quen agradeceu ao alcalde, Manuel Regos, o seu compromiso no desenvolvemento de actuacións para conseguir a mellor integración do colectivo inmigrante na sociedade.

*