Pedreira: "Con actos como este, queda patente a gran concordia que existe entre os socialistas da comarca"
A Agrupación Socialista de Ordes celebrou o pasado xoves unha cea encontro con máis de 200 afiliados e simpatizantes da comarca, que contou coa presenza do secretario xeral do PSdG-PSOE, Manuel Vázquez; o secretario xeral provincial e presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda; os deputados do Parlamento de Galicia, Silvia Fraga, Marisol Soneira e Xoaquín Fernández Leiceaga; o secretario de Organización do PSdG-PSOE, Pablo García; a portavoz, secretaria de Coordinación, Acción Electoral e Política Municipal do PSdG-PSOE, Mar Barcón, o secretario provincial do PSdG-PSOE, Emilio López; os alcaldes de Cerceda, Xosé García Liñares; de Mesía, Mariano Iglesias; e de Oroso, Manuel Mirás; e os portavoces municipais socialistas dos concellos de Trazo, Frades e Tordoia, entre outros destacados socialistas da comarca.
O acto, celebrado con Restaurante El Túnel de Ordes, foi presentado polo secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira Mirás, quen definiu a xornada como “histórica” para os socialistas da comarca. “Con actos como este”, apuntou Pedreira, “queda patente o gran apoio e a gran concordia que existe entre os socialistas da provincia e máis concretamente da nosa comarca de Ordes”.
Especial atención ao medio rural
Pola súa banda, o novo secretario xeral provincial, Salvador Fernández Moreda sinalou o “reto que representa traballar polo desenvolvemento do medio rural” para os socialistas coruñeses, e clamou por “unha especial atención por parte dos dirixentes comarcais ao noso eido rural”. Moreda, neste o seu primeiro acto xunto a numerosos simpatizantes e afiliados tras a nova organización provincial saída do Congreso Provincial do PSdG-PSOE do novembro de 2009, adiantou as liñas mestres da súa política municipal na provincia: fortalecer ás agrupacións locais de cara a obter un bo resultado nas vindeiras eleccións locais.
Supresión do modelo de gratuidade total nos libros de texto
Finalmente, o secretario xeral do PSdG-PSOE, Manuel Vázquez pechaba o turno de intervencións, non sen antes sinalar como “despois dun ano, xa existen graves retrocesos en dereitos adquiridos durante a etapa socialista á fronte da Xunta de Galicia, coma é agora a nefasta política educativa de Feijóo, e máis concretamente o suposto modelo de gratuidade implantado polo PP e que supón a supresión do dereito á gratuidade total de libros de texto implantado polo goberno socialista”.
..
Segundo Vázquez, “é agora, despois dun ano, cando a cara máis escura do PP comeza a asomar” e a cidadanía galega “xa é plenamente consciente de que quen se agocha en realidade detrás do PP de Feijóo é a dereita máis rancia que coñeceu Galicia en moitos anos”.
Recordou o secretario xeral as inversións feitas na comarca durante os anos de Goberno socialista na Xunta, “no que se investiu máis en Ordes que nos últimos 20 anos de goberno do PP”. Mostrou tamén a magoa polo “máis dun millon de euros que estaban aprobados para Ordes e o goberno de Feijoo anulou”.
Xa como remate e antes de comezar a cea, o secretario xeral dos socialistas galegos animou a todos os presentes a “traballar con moitas ganas e moita ilusión por Galicia”, lembrando que o obxectivo do PSdG- PSOE é o de acadar un “gran resultado” nos vindeiros comicios locais de 2011, e “voltar a gobernar canto antes na Xunta de Galicia para todos os galegos e galegas”.

*