miércoles, 10 de febrero de 2010

O BNG de Ordes apoia a fusión das caixas

.
Castro: “Desde o BNG agardamos que a corporación municipal apoie por unanimidade este manifesto”

Trinta mil vigueses saíron onte ás rúas para decirlle 'non' á fusión de Caixanova e Caixa Galicia

O BNG de Ordes anunciou o pasado luns que ven de rexistrar no Concello o manifesto 'Galiza ten dereito' para que o Concello de adhira o mesmo no vindeiro pleno da corporación municipal.

Segundo infoman os nacionalistas, este manifesto foi presentado formalmente no Parlamento de Galicia por parte do portavoz nacional, Guillerme Vázquez, en representación do BNG, e foi asinado tamén polos representantes do PPdeG, da CIG, de UXT, de CC OO e da Confederación de Empresarios de Galicia. O Manifesto pretende, entre outros intereses, a fusión de Caixa Galicia e Caixanova.

Precisamente no día de onte, celebrouse unha histórica manifestación en Vigo liderada polo seu alcalde, o socialista Abel Caballero en contra da fusión e ao grito de 'Caixanova non se vende'. Segundo este, nun primeiro momento declarara a existencia de 300.000 vigueses que secundaron as movilizacións reivindicativas en defensa da unidade de Caixanova, se ben fontes da policía local cifraron en arredor dos 30.000 os asistentes.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Este manifesto constitue para o BNG a expresión de que a sociedade galega non está disposta a deixarse asoballar, porque Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, a elaborar leis en beneficio da sociedade e da economía galegas e a que o Estado respecte o noso autogoberno

*