Solicitará tamén un informe escrito no que se enumeren os diferentes accidentes acontecidos nesta estrada no último lustro e as súas consecuencias, así como unha análise das causas
A sinistralidade viaria que presenta o trazado da estrada N-550 que discorre polo concello de Ordes, e que esta semana volveu rexistrar unha nova víctima mortal, levará ao Partido Popular a reclamar do Ministerio de Fomento a adopción de medidas para frear esta tendencia, ao tempo que reclama unha análise exhaustiva sobre esta situación. A medida foi anunciada hoxe por Belén do Campo, deputada do Partido Popular no Congreso dos Deputados, e pola presidenta da xestora local do PP de Ordes, Estrella Vázquez.
Plan de seguridade
Belén Docampo anunciou a presentación de dúas proposicións non de Lei, coas que instará ao Goberno central a elaborar, nun prazo non superior a seis meses, un plan de seguridade viaria para o tramo ordense da N-550, dadas as numerosas deficiencias que presenta. Neste senso, Do Campo informou de que “unha das iniciativas presentarase na Comisión de Fomento e, outra, na Comisión de Seguridade Vial e Prevención de Accidentes de Tráfico”.
Do mesmo xeito, Estrella Vázquez anunciou que no próximo pleno municipal, que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro, o grupo popular presentará unha moción para que o Concello inste ó Goberno Central a que tome medidas de inmediato e poña en marcha o Plan de Seguridade Viaria e o Plan de Acondicionamento da N-550 o seu paso polo municipio.
Segundo a deputada popular, "boa parte dese trazado presenta unha iluminación moi deficiente, carece de beirarrúas en moitos tramos e o firme presenta un moi mal estado de conservación en numerosos puntos".
Segundo a deputada popular, "boa parte dese trazado presenta unha iluminación moi deficiente, carece de beirarrúas en moitos tramos e o firme presenta un moi mal estado de conservación en numerosos puntos".
Podes ver as imaxes da rolda de prensa desta mañá facendo clic baixo estas liñas:
:
Informe escrito
Simultaneamente, o Partido Popular reclama ao Goberno central un documento oficial no que se faga balance do número de accidentes rexistrados no trazado da N-550 que discorre por este concello coruñés, pedindo que se cuantifique o número total de sinistros, e se especifique cales se saldaron con vítimas mortais, cales con feridos e cales só con danos materiais nos vehículos e/ou nos bens que limitan coa estrada.
Os populares solicitan, ademais, unha ficha individualizada de cada sinistro, na que se dea conta do punto quilométrico e das causas, comprobadas ou hipotéticas, do accidente. Unha vez recompilados eses datos, os populares piden que o Goberno central –titular desa vía- elabore un informe global, ben a través do Ministerio de Fomento, ou do Ministerio do Interior –con competencias en materia de seguridade viaria- con conclusións sobre as causas da elevada sinistralidade que presenta ese tramo de vía.
Unha vez que lle sexa remitido, o Partido Popular porá este documento a disposición de tódolos veciños afectados, e tamén do Concello de Ordes.
Foto: A presidenta da xestora do PP de Ordes, Estrella Vázquez (esq.), e Belén do Campo, deputada do PP no Congreso de Madrid.
*