.
Xa son 73 os anos dende a morte dos once veciños ordenses
A asociación cultural Foucelhas ten a ben recordar que o pasado luns conmemorouse o 73 cabodeano do fusilamento de once veciños de Ordes: Ángel Jesus Caamaño Vila Verde, José del Rio Pampin, Manuel del Rio Pampin, José García Fernández, José Iglesias Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Perez García, José Perez Sanmartín, José Vásquez Mandaio e Bieito Vilariño Liste.
A asociación convídanos a coñecer as palabras do mestre e escritor Xerardo Díaz Fernández (1907-1992), experto narrador dalgún dos episodios máis cruentos da Guerra Civil Española en Galicia, a través deste enlace.
*