Recouso: "O único proxecto que ten o alcalde para a praza de abastos é o seu desmantelamento, non sabemos con que oscuros intereses"
O concelleiro do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, acusou esta tarde ao alcalde Manuel Regos, de “pretender o derrubo da Praza de Abastos” e criticouno por “negarse a incluir nas obras dos Fondos Estatais para o Emprego e a Sostebilidade Local (FEESL) a modernización e dinamización da paraza de abastos, tal e como propuxo o BNG no último Pleno”.
Recouso criticou ao alcalde por “seguir mantendo as instalacións nunha situación de deterioro permanente e cunha falta de aproveitamento comercial que non ten xustificación”. O concelleiro do BNG manifestou “que resulta moi preocupante que o alcalde non faga nada para recuperar a praza de abastos e mesmo rexeitase a proposta que fixo o BNG no último Pleno de incluir un plan de modernización e promoción da mesma”.
Recouso salientou que “o único proxecto que ten o alcalde para a praza de abastos é o seu desmantelamento e derrubo, non sabemos con que oscuros intereses.”.
A frase de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
"Mentres Ordes sigue encabezando as cifras de aumento do desemprego na nosa comarca, o alcalde en lugar de modernizar e promocionar a praza de abastos, ofrecendo condicións favorábeis para permitir a instalación de postos de venta aos productores do noso Concello e dar un impulso ao sector primario, só busca o seu desmantelamento definitivo”
*