jueves, 11 de febrero de 2010

O PP de Ordes insta ao Concello a que co 'Plan E' financie "proxectos útiles"

.
Os populares demandan actuacións "que xeneren emprego" para poder combatir "o alto índice de desempregados actuais"

Condenan o investimento en "caprichos faraónicos" do goberno municipal

O grupo municipal do Partido Popular de Ordes instou hoxe ao Concello a "rectificar para evitar repetir", na nova convocatoria do Plan E, "os mesmos erros que na anterior edición", na que, segundo os populares, dedicáronse "cantidades inxentes de cartos a financiar caprichos faraónicos do Goberno, pero inservibles para os habitantes do concello".

O PP recorda que o Concello de Ordes leva gastado máis de un millón de euros –financiados, en boa parte con achegas da anterior edición do Plan E- nas obras de acondicionamento dos baixos da Alameda da vila. A xuízo dos populares, "as obras ata o momento non serviron para nada: os locais seguen pechados e presentan serias deficiencias técnicas que converten esta obra en obxecto de burla para gran parte dos veciños da localidade".

Segundo a titular do PP ordense, Estrella Vázquez, "o habitual secretismo que rodea a xestión do equipo de Goberno de Ordes impide que, a día de hoxe, se coñezan cales son os proxectos propostos para recibir financiamento da segunda edición do Plan E".

Por iso, o PP insiste na necesidade de utilizar "criterios de racionalidade á hora de fixar os obxectivos dese investimento, que debería centrarse en equipamentos que beneficien ao maior número posible de veciños do concello".

Os populares ordenses esixen que a contratación dos proxectos se efectúe con "transparencia" e que a selección do persoal a contratar se faga "fuxindo do amiguismo".



*