viernes, 19 de febrero de 2010

Os Viqueiras convídannos a desfrutar dunha nova foliada, agora en Cerceda

.
Será o próximo venres 26 a partires das 22:00 h. no bar O Panadeiro de Cerceda

O venres 26 de febeiro, a partires das 22:00 horas, dará comezo a XVII edición das 'Noites de Tasca' na comarca de Ordes que todos os meses organiza a Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes. Nesta ocasión celebrarase en Cerceda, no bar 'O Panadeiro', fronte á entrada do parque acuático.

Os Viqueiras contarán nesta ocasión coa presenza da charanga mindoniense 'Manca na cheda', das pandereteiras das Encobas e os gaiteiros da asociación folclorica cultural San Martiño de Cerceda.

Coma sempre, os Viqueiras convidan a todos os lectores e lectoras de Ordessiete a compartir con todos eles esta divertida foliada popular.

*