Atendeuse aos máis necesitados, aos maiores, aos migrantes, ás mulleres e aos xóvenes
O departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello fixo balance do ano. Así, en canto aos servizos sociais de atención primaria realizáronse máis de 2.200 consultas dirixidas a diferentes trámites como solicitudes de dependencia, participación en diferentes programas do IMSERSO e da Xunta, visitas domiciliarias e programas de atención tanto á familia, como á infancia, á xuventude, á muller, a emigrantes, toxicómanos, e demáis colectivos que se puideron ver desfavorecidos.
Reparto de alimentos
Dentro desta área, cabe destacar un programa de reparto de alimentos no que participaron 33 familias necesitadas do municipio, e que se levou a cabo por primeira vez dende o Concello en colaboración coa Cruz Vermella o pasado mes de decembro.
Por outra banda en canto á Terceira Idade, en 2009 puxéronse en marcha outros programas como o de envellecemento activo, a través do que se imparten clases de ximnasia e memoria, e talleres de teatro e manualidades por todas as parroquias, con máis de 500 participantes en total, así como as excursións turísticas que levaron aos maiores do municipio a localidades como Burela, Ourense e Allariz.
Novidoso foi tamén o programa infanto xuvenil da Unidade Psicosocial do Concello de Ordes, dirixido a poboación infantil e xuvenil con dificultades de conducta e vítimas de violencia de xénero, no que participaron un total de 51 usuarios, e que se completa co programa de atención psicosocial a persoas adultas levado tamén a cabo pola Unidade Psicosocial.
Colectivo migrante
O colectivo migrante foi tamén un aos que se dirixiron multitude das iniciativas levadas a cabo dende Servizos Sociais a través da Oficina de Información a Migrantes tanto no campo da información e a sensibilización, a formación do emprego, o asociacionismo e a participación social e a sanidade. Foron un total de 830 persoas as que participaron nos diferentes programas e actividades deste área.
Atención á muller
O Centro de Información á Muller tamén contou cunha gran actividade durante todo o ano 2009, ano no que se puxo especial empeño na atención ás vítimas de violencia de xénero coa posta en marcha do portal de internet http://www.ordessenviolencia.org/, así como a celebración da xornada formativa “Equipos de apoio ás vítimas de violencia de xénero” o pasado mes de novembro.

Foto: Obradoiro de autodefensa da concellería de Servizos Sociais de Ordes dirixido a mulleres
*