viernes, 19 de febrero de 2010

Desvíos de tráfico para mañá co gallo do desfile de Antroido

.
A partires das 17:00 horas na avenida de Alfonso Senra, O Recreo, rúa Campeiras e Campo da Feira

A Policía Local anunciou hoxe o percorrido do desfile de disfraces e comparsas que terá lugar mañá a partir das cinco da tarde no municipio, con motivo da celebración do Sábado de Piñata.

Así a comitiva sairá da altura do número 18 da avenida de Alfonso Senra -fronte a Muebles Reyca-, percorrendo toda a avenida ata o cruce principal onde se xirará á dereita polo Recreo pola Travesía da estrada Carballo- Trazo. Despois xirará á dereita pola rúa Campeiras e despois pola rúa Alfonso Lesta, continuando pola rúa da Feira para rematar na explanada do campo da feira, onde se celebrará o gran concurso de disfraces.

Desvíos
En canto aos desvíos alternativos de tráfico, na N-550 dirección Coruña o tráfico desviarase pola rúa dos Lagartos, rúa Galicia, rúa Camposanto e rúa Casabella. En dirección Santiago desviarase pola rúa Rosalía de Castro e rúa dos Lagartos.

Por outra banda os desvíos de tráfico na estrada Carballo- Trazo faranse pola rúa Mediodía.

*