viernes, 19 de febrero de 2010

O BNG de Ordes presenta unha moción en apoio do Día Internacional das Mulleres

.
Solicitan actos de conmemoración do Día, de difusión da vida e obra de Rosalía de Castro, e instar á Xunta a posta en marcha dun Plan de Emprego para as Mulleres

O Bloque Nacionalista Galego de Ordes informa hoxe da presentación dunha moción para o seu debate no pleno da corporación municipal que se celebrará a próxima semana, co gallo da conmemoración, o 8 de marzo, do Día Internacional das Mulleres.

A concelleira María Xosé Raña, lembrou que “coincide este ano 2010 con dúas efemérides importantes. A primeira delas é o centenario da instauración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. A segunda, o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, relevante no noso contexto nacional por recuperar a tradición escrita da nosa lingua, mais tamén por ser precursora do pensamento feminista na Galiza”.

A concelleira nacionalista lembrou que “a análise sobre a situación das mulleres na Galiza -ao igual que no resto do mundo- evidencia que a reivindicación de igualdade real segue tendo plena vixencia. Todos os indicadores evidencian a persistencia da discriminación de xénero".

Neste sentido Raña salientou que “a nivel laboral, as mulleres padecen taxas de paro moi elevadas, unha maior temporalidade e precariedade e cobran salarios inferiores. Unhas condicións que empeoran como consecuencia da crise económica. Tanto polo que supón a destrución de emprego, como polos recortes a nivel de dereitos laborais, que repercutirán negativamente nunhas condicións laborais xa precarias”.

Actos de comemoración
As propostas incluidas polo BNG na moción son:, entre outras:
1.- Realización de actos de conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres
2.- Realización ao longo deste ano de actos que promovan a difusión masiva da obra e vida de Rosalía de Castro
3.- Reclamar á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Plan de Emprego para as Mulleres, a paralización do proceso de desmantelamento dos servizos sociais públicos e o desenvolvemento das actuacións previstas na Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.

As frases de María Xosé Raña, concelleira do BNG de Ordes
"A chegada do PP á Xunta de Galiza está a supor un retroceso no desenvolvemento de políticas públicas que supoñan un avance real na superación das discriminacións de xénero, como o demostra o desmantelamento da rede de servizos sociais, canalizada a través do Consorcio, que sentaba as bases para a creación dunha rede de servizos públicos que son básicos para liberar ás mulleres das tarefas do coidado, facilitando a súa participación e desenvolvemento a nivel laboral, persoal ou cultural"

“Ante a parálise do Goberno da Xunta, supoñen un cambio de rumbo e unha aposta real por superar as barreiras que perpetúan a discriminación das mulleres

*