Totalmente gratuíto, terá lugar seis martes consecutivos dende o 2 de marzo ata o 6 de abril
As inscricións poden realizarse na Oficina Integral de Discapacidade situada na planta baixa da Casa do Concello, de luns a venres en horario de mañá
O Concello de Ordes, a través da concellería da Discapacidade que dirixe Silvia Marín, e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia), organizan un curso de formación para familiares de enfermos mentais. Un curso que se celebrará baixo o título “Coñecemento da enfermidade mental e pautas para os familiares”.
O curso celebrarase en seis sesións que terán lugar seis martes consecutivos de 19:00 a 20:30 horas a partir do vindeiro 2 de marzo ata o 6 de abril. O Concello de Ordes ten aberto o prazo de inscrición ata o próximo 19 de febreiro. As inscricións poden realizarse na Oficina Integral de Discapacidade situada na planta baixa da Casa do Concello, de luns a venres en horario de mañá.
A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"O obxectivo xeral é explicar aos familiares as pautas de comportamento a ter en conta cos enfermos, así como as distintas técnicas e habilidades que poden axudar a mellorar a calidade de vida destes enfermos e os seus familiares"

"Os contidos irán dende a formación básica que posibilite o recoñecemento temperá da enfermidade, ata a abordaxe de pautas de actuación ou o manexo do estrés familiar e o alivio da carga asistencial"
"Os encargados de impartir o curso serán profesionais da FEAFES- Galicia"
*