O total do investimento é de máis de 1,3 millons de euros e ten ás parroquias como grandes protagonistas
O goberno municipal investirá os 1,3 millóns de euros que o goberno destina ao municipio a través do novo fondo estatal do Estado, a doce importantes proxectos que atenderán as necesidades non só do casco urbán do municipio, senón tamén das parroquias.
1. Adecuación e mellora da eficiencia enerxética do alumeado público urbano na N-550 ao seu paso por Leira.
2. Adecuación e mellora da eficiencia enerxética do alumeado público urbano na rúa Canteira.
3. Adecuación e mellora da eficiencia enerxética do alumeado público urbano na rúa República Arxentina e rúa Víctor González Faya.
4. Saneamiento na estación en Parada.
5. Saneamiento e abastecemento na Carballeira , Cabeza de Lobo en Ardemil.
6. Saneamiento e abastecemento en Vilariño na parroquia de Buscás.
7. Construcción dun depósito de auga potable en Ordes.
8. Construcción dunha pista polideportiva en Montaos.
9. Construcción dunha pista polideportiva en Poulo.
10. Construcción dunha pista polideportiva en Beán.
11. Bombeo de fecais no campo de fútbol municipal.
12. Fachada das dependencias municipais na Alameda de Ordes.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O total das obras incluidas neste plan suman 1.355.018 euros, cos que se pretende levar adiante esta serie de proxectos que consideramos prioritarios para a veciñanza e que se suman aos incluidos no fondo estatal anterior, entre os que se encontraron obras tan importantes como a ampliación do tanatorio municipal, unha obra da que dende este grupo de goberno estamos moi satisfeitos dada a importancia e necesidade que tiña para o municipio, sendo unha das demandas dos nosos veciños que ao fin se fixo realidade”
A frase de Roberto González, concelleiro de Urbanismo e Obras de Ordes
“Trátase dunhas obras que consideramos moi importantes para todo o municipio, facendo un especial fincapé no medio rural. Así levaremos a cabo nas parroquias importantes obras de saneamento e abastecemento de auga, cuestións que consideramos de primeira necesidade para os veciños e as veciñas”
Foto: José Manuel Pose, subdelegado do Goberno en Galicia con Manuel Regos na inauguración das obras de ampliación do tanatorio o pasado mes de decembro de 2009.
*