.
Procurarán que o noso Concello se adhira ao manifiesto 'Galiza ten dereito'
O acto informativo terá lugar o vindeiro xoves 25 ás 21:00 h. no restaurante El Túnel
O BNG de Ordes está a desenvolver unha campaña de divulgación da Lei de Caixas no noso concello. Os nacionalistas proporán no pleno do vindeiro martes que o Concello se adhira ao manifesto 'Galiza ten dereito'. Como parte das actividades informativas, terá lugar un acto informativo sobre a Lei de Caixas o vindeiro xoves 25 de febreiro, ás 21:00 h. , no Restaurante El Túnel, que contará coa presenza de Carlos Aymerich, portavoz do grupo parlamentario do BNG.
Adhesións
O manifesto que os nacionalistas levarán ao pleno para conseguir a adhesión ao mesmo do Concello de Ordes, foi presentado formalmente no Parlamento de Galicia por parte de Guillerme Vázquez en representación do BNG, e foi asinado tamén polos representantes do PPdeG, da CIG, de UXT, de CC. OO. e da Confederación de Empresarios de Galicia.
Castro criticou ao Goberno de España por pretender, co recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas, “paralizar a fusión das caixas galegas, favorecer a súa deslocalización e provocar o espolio do aforro galego”
Podes ver o vídeo da presentación do manifiesto facendo clic baixo estas liñas:
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Este manifesto constitue para o BNG a expresión de que a sociedade galega non está disposta a deixarse asoballar, porque Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, a elaborar leis en beneficio da sociedade e da economía galegas e a que o Estado respecte o noso autogoberno”
“Desde o BNG agardamos que a corporación municipal apoie por unanimidade este manifesto, porque para o desenvolvemento económico da nosa comarca resulta fundamental que Galiza teña un sistema financiero propio”
*