O venres 26 ás 12:00 h. na Casa da Cultura, dentro do programa 'Ordes SOStible'
O Concello de Ordes, dende a súa concellería de Medio Ambiente, dentro do programa 'Ordes SOStible', continúa coa programación fronte ao cambio climático que xa iniciara o pasado mes de xaneiro.
Nesta ocasión, organizando a primeira dun ciclo de dúas charlas que leva por título 'Cambio Climático, unha cuestión de todos' o venres 26 de febreiro na Casa da Cultura de Ordes ás 12.00 h. A entrada é libre e correrá a cargo de Fernando Moraleda Quílez.
Quen é Fernando Moraleda Quílez?
Naceu en Ciudad Real en 1956. É químico. Foi secretario de Estado de Agricultura e Alimentación, ex secretario xeral da Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) e ex conselleiro do Comité Económico e Social Europeo (CES). En abril de 2004 foi designado secretario de Estado de Agricultura e Alimentación do Ministerio.
En 2005 foi nomeado secretario de Estado de Comunicación, cargo que mantivo ata 2008. Na actualidade é diputado de Ciudad Real no Congreso de Madrid polo PSOE, e portavoz da Comisión Mixta Congreso-Senado sobre o Cambio Climático.
A frase de Xesús Pedreira, concelleira de Medio Ambiente de Ordes
"Debemos animar e sensibilizar aos nosos veciños a adoptar sempre un rol activo nos temas que afectan ao noso presente e futuro; sen dúbida o cambio climático é un deles"

"Temos responsabilidade no problema, mais aínda, temos capacidade en pequenos xestos diarios para traballar de forma individual no freo ao cambio climático e é unha honra que sexa Fernando Moraleda, coñecedor de primeira man deste tema, quen se encargue de poñelo de manifesto co seu testimonio nesta charla"
Foto: Visita de Moraleda Quílez a Ordes en xaneiro de 2009 co gallo dunha conferencia a escolares sobre o cambio climático. Na foto, no salón de plenos do Concello xunto ao alcalde, Manuel Regos, e os concelleiros Xesús Pedreira e Xosé Manuel Tobío.

*