Trátase dunha mostra dos fondos da biblioteca relacionados con esta temática que terá carácter permanente durante todo este ano
A Biblioteca Municipal quere sumarse aos actos conmemorativos do Ano Santo Compostelano coa realización dunha mostra que terá carácter permanente no centro durante todo o ano.
Trátase da mostra “Os Camiños de Santiago”, que xa están preparando as responsables da biblioteca, e que consistirá na exposición dos fondos cos que conta este centro ordense sobre esta temática, dende todo tipo de libros a material audiovisual que terán un lugar destacado dentro das instalacións.
*