miércoles, 24 de febrero de 2010

Nova sesión de contacontos na Biblioteca

.
O venres 26 a partires das 19:00 h., dentro do programa 'Tardes de Contos e Lendas'

A Biblioteca Municipal acollerá na tarde do próximo venres 26 de febreiro unha nova sesión de contacontos. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa 'Tardes de contos e lendas' que o último venres de cada mes trae ata este centro ordense actividades dirixidas aos máis pequenos.

Nesta ocasión os encargados de levar a cabo a sesión de contacontos serán os 'Ratos de Biblioteca'. Unha sesión que dará comenzo ás 19 horas e que está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.

*