viernes, 5 de febrero de 2010

O Concello informa sobre medicamentos nas parroquias

.
O obxectivo é informar aos veciños e veciñas do municipio sobre cómo tomar os medicamentos, o seu efecto e outras cuestións como o funcionamento da receita electrónica

O Concello de Ordes, a través do programa 'Ordes Saudable' da concellería de Sanidade de Xesús Pedreira, ten preparado un ciclo de charlas informativas acerca de como inflúe a toma dos medicamentos na saúde. Unhas charlas que serán impartidas pola licenciada en Farmacia e especialista en Nutrición e Dietética, Rosa Celia Otero Raña, e que terán lugar en diferentes parroquias ordenses.

En canto ás datas nas que se celebrarán estas charlas, darán comenzo en Beán, na Escola de Nouche, o próximo 13 de febreiro; en Santa Cruz de Montaos na Escola Unitaria- centro Social o 20 de febreiro; o día 27 do mesmo mes tocaralle o turno á parroquia de Pereira tendo lugar a charla na escola unitaria.

Xa no mes de marzo o día 6 celebrarase a charla en Poulo, o día 13 en Parada e o 27 en Mercurín, todas nas escolas unitarias de cada parroquia. En abril recibirán a charla os veciños de Buscás o día 10, o día 17 os de Vilamaior e o día 24 os de Barbeiros. Por último no mes de maio, o día 1 a charla celebrarase no recinto feiral de Mesón do Vento, o día 8 na escola unitaria de Leira, o 15 de maio na escola unitaria de Lesta, e pecharanse as sesións coa celebración da última charla o 22 de maio na Casa da Cultura de Ordes.

Todas as sesións darán comenzo ás 18 horas e terán unha duración aproximada de dúas horas.


*