.
Con esta medida procurarase evitar riscos na seguridade vial
O Concello procederá á anclaxe de máis de 200 contenedores para unha mellor fixación ao chan evitando que se movan, sobre todo por acción do vento e contribuindo así a unha maior seguridade dos mesmos contra posibles incidentes que puidesen provocar.
O obxectivo é asegurar unha perfecta anclaxe dos contenedores a proba de desprazamentos, actos de vandalismo e uso inadecuado dos mesmos. Sobre todo, evitar que os contenedores poidan ser movidos, quedando alonxados das beirarrúas e do espacio destinado ao seu uso, coas incomodidades que suporía para o usuario.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Non era só un problema de sufrir danos materiais, senón o risco de que o desprazamento dos recipientes puidera ter xerado algún accidente de tráfico de graves consecuencias"
*