.
Terá lugar unha das reunións da corporación con contidos máis interesantes dos últimos tempos
O goberno municipal recolle a proposta de Ordessiete e planteará á corporación propoñer ao científico ordense Alberto Bouzas para o Premio Galicia de Investigación da Xunta de Galicia
Mañá martes ás 10:00 h. terá lugar o pleno ordinario do mes de febreiro. Unha xuntanza da corporación municipal que promete ser unha das máis interesantes dos últimos meses. Versará, entre outras, sobre as seguintes cuestións:
1.- Aprobación ordenanza fiscal de taxa por visitas aos museos municipais
2.- Aprobación da modificación das normas de planeamento municipal para aumentar a dotación de solo industrial
3.- Solicitude de información sobre siniestralidade na N-550 e elaboración dun plan de seguridade viaria (PP)
4.- Acordo sobre gratuidade dos servizos de desinfección de vehículos de transporte de gando (BNG)
5.- Conmemoración do 8 de marzo 'Día Internacional das Mulleres' (BNG)
6.- Solicitude Xunta de Galicia de axudas polos gastos ocasionados polo temporal
7.- Apoio á candidatura Fundación Vicente Ferrer ao Premio Nobel da Paz
8.- Aceptación da renuncia da concelleira Ana María Álvarez
A polo premio Galicia de Investigación
Ademáis, este medio poido coñecer que se proporán varias mocións pola vía de urxencia non contempladas na orde do día redactada o pasado venres 19. Entre elas, o goberno municipal tivo a ben recoller a proposta lanzada por Ordessiete para co cardiólogo Alberto Bouzas Mosquera de ser proposto polo Concello de Ordes para o Premio Galicia de Investigación que cada ano convoca a Xunta de Galicia para premiar aos científicos galegos máis destacados.
Lembrade que a asistencia aos plenos municipais é completamente libre.
*