jueves, 4 de febrero de 2010

Aberto o prazo para inscribirse no Concurso de Disfraces de Entroido

.
O sábado 20 de febreiro, “Sábado de Piñata”, repartiranse máis de 5.000 euros en premios aos mellores disfraces e comparsas

Regos: "Animo tanto a veciños e veciñas do como a visitantes a que participen no noso Entroido, no que non faltará a diversión, os bos disfraces, as máscaras e o bo humor”

O Concello de Ordes ten aberto xa o prazo de inscrición para o concurso de disfraces que se celebrará no municipio con motivo do Entroido. Un concurso que se celebrará o sábado 20 de febreiro, Sábado de Piñata, no Campo da Feira, e que virá precedido polo tradicional desfile de carrozas e disfraces polas principais rúas da vilaa partir das 17 horas.

En canto ao concurso, no que se repartirán máis de 5.000 euros en premios, estableceranse varias categorías, unha para as carrozas, outra para as comparsas dividida en adultos e infantil, e outra categoría individual tamén dividida en adultos e infantil.

Todos aqueles que queiran participar no concurso deberán facer a inscrición ata o 19 de febreiro no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, situado na planta baixa da Casa Consistorial, de 9 a 14 horas, ou chamando aos teléfonos 981 680002 e 981 680157, onde tamén recibirán máis información.

Tarde de Entroiada o martes 16 de febreiro
Ademais da celebración do Sábado de Piñata, o Concello de Ordes completará o programa festivo de Entroido con outra xornada de festa, a do martes 16 de febreiro. Nesta “Tarde de Entroidada” a partir das 17 e ata as 20 horas celebrarase unha gran festa con obradoiros de globoflexia, maquillaxe, disfraces e complementos e xogos populares, na Alameda de Ordes. En caso de choiva os actos terán lugar na Pavillón Campomaior.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Animo tanto a veciños e veciñas do municipio como a visitantes de toda a comarca a que participen no noso Entroido, no que sen dúbida non faltará a diversión, os bos disfraces, as máscaras e como non podía ser doutra maneira neste tipo de festa, o bo humor

Fotos: Imaxe do Entroido do pasado ano 2009.

*