sábado, 6 de febrero de 2010

Regos: "As obras da variante comezan en marzo"

.
"Esta foi unha das miñas promesas ao chegar á alcaldía e estase a cumprir"

A intervención contará cun investimento de mais de 2,1 millóns de euros

O alcalde Manuel Regos, anunciou esta mañá que as obras da variante darán comenzo o próximo mes de marzo. Este anuncio fíxoo despois de reunirse onte co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, Agustín Hernández.

Segundo Regos, se trata dunhas obras "vitais para solucionar un dos problemas máis graves que afecta ao municipio", como é o paso dos camións de Sogama polo centro urbano de Ordes.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Esta foi unha das miñas promesas ao chegar á alcaldía e tal e como poden comprobar os veciños e veciñas de Ordes estase a cumprir"

"As obras xa están licitadas e a punto de ser adxudicadas, así que durante o mes de marzo temos previsto que se inicien"

"Esperamos que o conselleiro estea con nós na colocación da primeira pedra da variante

*