miércoles, 17 de febrero de 2010

Charla para coñecer as axudas ao desenvolvemento do rural

.
Poderás coñecer con detalle o Proxecto Leader Galicia 2007-2013

Terá lugar o mércores 24 de febreiro ás 20:30 h. na Casa da Cultura

O Concello de Ordes organiza, en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR), unha charla divulgativa sobre o Programa Leader Galicia 2007- 2013. Unha charla que terá lugar o próximo mércores 24 de febreiro na Casa da Cultura a partir das 20:30 horas.

Segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Vicepresidente de ASDECOMOR e representante do Concello de Ordes na entidade, Xesús Pedreira, “Con esta charla a nosa intención é facer chegar a todos os veciños a información necesaria para que poidan solicitar estas axudas para a realización de posibles proxectos que promovan o desenvolvemento rural mediante a diversificación e valorización da actividade económica nas zonas rurais”.

*