.
O Concello pecha este mes o ciclo de cine ambiental 'Butaca Verde' ofrecendo os tres últimos títulos aos centros educativos do municipio
Os tres documentais, facilitados polo CEIDA, que pon a disposición dos centros escolares o Concello este mes son “La pesadilla de Darwin”, “Manual de uso para una nave espacial” e “Planeta Blanco”. O IES Nº1 é, polo momento, o único centro que solicitou estes documentais para proxectar aos seus alumnos.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“O programa de ciclo de cine ambiental que ofertamos dende a concellería de Medio Ambiente pretende ser unha ferramenta pedagóxica de enorme eficacia para chegar fácilmente ao público, transmitir mensaxes de divulgación científica e ambiental e ofrecer unha oportunidade de reflexión sobre a corresponsabilidade de cada un de nós na adopción de conductas sostibles para a conservación do noso patrimonio natural”
*