Máis dun cento de rapaces e rapazas ordenses participaron esta mañá na festa de clausura das actividades de verán
Houbo inchables e xogos na piscina, así como se repartiron os diplomas aos participantes nos cursos de natación
A Piscina municipal de O Muíño convertiuse esta mañá nun escenario que tivo como protagonistas aos máis pequenos do municipio con motivo da celebración da festa de clausura tanto da Escola de Verán como dos cursos de natación.
Así, máis dun cento de pequenos ordenses puideron disfrutar dunha mañá chea de diversión con inchables e xogos na piscina na compañía dos seus compañeiros de actividades.
Participaron 115 arpaces e rapazas
Con esta festa poñíase fin a dous meses nos que os rapaces e rapazas,a través da Escola de Verán, compartiron as mañás de vacacións con outros nenos e nenas da súa idade, unha iniciativa promovida polo Concello de Ordes que tivo como finalidade facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses durante o verán. Unha actividade que tivo ademais un gran éxito de participación con 115 participantes repartidos nas diferentes quendas.
Ademais esta festa infantil tamén serviu para despedir aos alumnos e alumnas dos cursos de natación celebrados na piscina de O Muíño tamén durante os meses de xullo e agosto, que recibiron de mans do concelleiro de Cultura e Deporte, José Ramón Vázquez Raña, os diplomas acreditativos dos cursos.
*