domingo, 8 de agosto de 2010

O Mesón do Vento encheuse das mellores xaurías de caza galegas

.
Ordes pechou a XVIII Feira de Cans de Caza cunha boa acollida de público e participación

O Concello informa hoxe de que milleiros de persoas se achegaron durante o dia de hoxe ao recinto feiral de Mesón do Vento para visitar a XVIII Feira de Cans de Caza organizada polo Concello de Ordes.

Este mediodía se fixo entrega dalgúns dos premios outorgados ás mellores camadas e exemplares. Así a distinción á mellor camada de Caza Maior foi para a de Andrés Ferreiro, a de mellor camada de caza menor foi para a de Alejandro González, e a de Juan Manuel Calvo foi premiada como mellor camada de cans de mostra, saindo campeón do Campionato de Caza de Perdiz con can, José María Carnota.

Na entrega dos premios participaron o presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, Manuel Saa, o presidente da Sociedade O Gatillo, Leoncio Gómez e o concelleiro, José Luis Gómez Candal.

Como actividades complementarias o recinto feiral de Mesón do Vento tamén contou com diferentes stands con todo tipo de complementos para cans. Ademais hoxe, como boa feira que se precie, tampouco faltou a gastronomía con degustación gratuíta de caza.

A frase de José Luis Gómez Candal, concelleiro de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións de Ordes
"Trátase dunha cita que medra cada ano un pouco máis, convertíndose xa en todo un referente a nivel galego, e conseguindo nesta ocasión un éxito rotundo en canto a participación e visitantes"

Foto arriba: Vista das xaurías da Feira.

Foto abaixo: O concelleiro José Luis Gómez Candal con José María Carnota, campión de Caza de Perdiz con can.

*