Celebran o próximo martes 31 de agosto a súa festa de clausura
Todos aqueles que participasen na Escola de Verán e queiran asistir á festa deberán anotarse, sendo hoxe mércores o último día para facelo
Ordes comeza a despedir as actividades de verán, e se ben a mediados deste mes se poñía fin á programación do Verán Cultural, nesta ocasión despedirase a Escola de Verán, na que participaron máis de 115 nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto.
O próximo 31 de agosto, terá lugar a festa de clausura desta actividade que terá a piscina municipal de O Muíño como escenario. Así dende as 10:00 ás 13:00 horas os pequenos poderán disfrutar de inchables para as diferentes idades, así como xogos cos que pasarán unha xornada chea de diversión cos seus compañeiros de actividades nas instalacións da piscina.
*