sábado, 28 de agosto de 2010

O 'outlet' chega un ano máis á Alameda

O paseo central da vila acollerá a segunda edición da Feira de Saldos de Ordes durante os días 11 e 12 de setembro

A data tope para poder inscribirse como comerciante é o luns 6 de setembro

O Concello, e colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes -Acordes-, organiza por segundo ano consecutivo a Feira de Saldos de Ordes. Un 'outlet' que terá lugar na Alameda durante os días 11 e 12 de setembro e que permitirá tanto a veciños como a visitantes do municipio adquirir a prezos económicos produtos dos establecementos comerciais da nosa vila.

Os establecementos comerciais do municipio de Ordes que desexen participar nesta nova edición da Feira de Saldos, deberán presentar unha solicitude de participación no rexistro xeral do Concello, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. A data límite de entrega de solicitudes será o luns 6 de setembro.

Foto: Momento da edición 2009 da Feira de Saldos de Ordes.

*