domingo, 1 de agosto de 2010

Ordes acolle a celebración dun curso de socorrista acuático dirixido a desempregados


Serán un total de 265 horas de duración e terá prácticas non laborais

O municipio ordense acolle a celebración dun curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático totalmente gratuíto para os participantes.

Este curso constará de 265 horas de duración e prácticas non laborais. Nel están participando 15 persoas que están a realizar tanto clases prácticas como teóricas, as prácticas na piscina climatizada e as teóricas na Casa da Cultura.

Foto: Alumnos participantes no curso de socorrista acuático.
*