lunes, 23 de agosto de 2010

Máis dun milleiro de peregrinos pasaron por Ordes dende abril

O Concello pon á súa disposición os pavillóns do Mesón do Vento e do Castelao

Ordes, municipio polo que pasa unha das rutas do Camiño de Santiago, recibiu no que vai deste ano un bo número de peregrinos, que en moitos dos casos pasaron a noite nalgún dos polideportivos que o Concello de Ordes pon a disposición dos camiñantes. Así, dende o pasado mes de abril, os pavillóns polideportivos ordenses, albergaron a máis dun milleiro de peregrinos, que ou ben en grupo ou ben sós elexiron facer o Camiño Inglés neste Ano Santo.

Para todos os peregrinos que o soliciten previamente, o Concello de Ordes pon á súa disposición para pasar a noite dous pavillóns polideportivos, o pavillón de Mesón do Vento e pavillón Castelao.


Iniciativas municipais no Camiño Inglés
Por outra banda, recentemente, o Concello de Ordes tamén levaba a cabo unha iniciativa consistente na limpeza do Camiño Inglés ao seu paso por Ordes. Unha iniciativa que se enmarca dentro das actividades levadas a cabo a través do programa Voluntariado Verde e que realizaron os voluntarios inscritos no mesmo.

Tal e como explicaron dende o goberno local, o obxectivo da limpeza do tramo do Camiño Inglés foi o acondicionamento e adecuación do Camiño tanto para o uso e disfrute dos veciños e veciñas de Ordes como para os numerosos peregrinos que recorren periódicamente o tramo.

*