martes, 17 de agosto de 2010
Ordes celebrou o Día do Emigrante
Os homenaxeados en representación do colectivo emigrante, foron Jesusa Cao e José Villasenín dous ordenses residentes en Arxentina
Ordes celebrou un ano máis, enmarcado dentro da súa programación das festas patronais, o Día do Emigrante. Unha celebración de gran tradición no municipio e que nesta ocasión tivo como homenaxeados a dous ordenses residentes na Arxentina, José Villasenín e Jesusa Cao.
Os actos deron comenzo cunha misa solemne na igrexa parroquial de Santa María de Ordes que estivo seguida da tradicional ofrenda floral no Monumento ao Emigrante situado detrás da Casa do Concello, lugar onde tamén tivo lugar a actuación do grupo de baile do Centro Galego da Comarca de Ordes en Buenos Aires cuxos membros foron partícipes tamén dos actos con motivo desta celebración.
Toda unha vida sen voltar a Ordes
O alcalde Manuel Regos deu a benvida a todos estes veciños e veciñas ordenses chegados da Arxentina, así como aos seus familiares e mostrou a súa satisfacción por poder contar no municipio con estes veciños tan especiais. Ademais tamén se mostrou orgulloso de poder ter cumprido o soño de Jesusa Cao, unha das homenaxeadas que levaba máis de 60 anos sen volver a Ordes.
O Día do Emigrante como cada ano serviu, tal e como explicaron dende o Concello, para homenaxear a un colectivo tan importante para o municipio, facéndose agora extensivo este homenaxe, non só para os emigrantes senón tamén para os inmigrantes que se teñen convertido xaen veciños e veciñas de Ordes.
*
Protagonistas:
Manuel Regos