.
Mañá sábado celebrarase o Día da Muiñeira e o domingo o Día das Bandas
O municipio ordense sigue adiante coa súa programación do Verán Cultural e para esta fin de semana ten previsto celebrar dúas das súas citas máis importantes. Así mañá sábado pola tarde terá lugar o Día da Muiñeira, e o domingo o Día das Bandas.
En canto ao Día da Muiñeira, terá lugar mañá pola tarde a partir das 20:00 horas na Alameda, e nel participarán catro agrupacións, a Agrupación Folclórico- Cultural Sementes do Arte de Ordes, o Grupo de danzas da Asociación Cultural Veciños de Leira, a Agrupación Folclórico Cultural San Martiño de Cerceda e Os Xeitosos de Trazo. Ao comenzo do acto os catro grupos bailarán unha peza ao mesmo tempo, dando paso despois ás actuacións de cada agrupación.
Bandas de música
Por outra parte e xa na xornada do domingo, a Alameda de Ordes acollerá tamén a partir das 20:00 horas, a celebración da XI Xuntanza de Bandas de Música Populares organizada pola Asociación Cultural “Amigos da Música” e que conta coa colaboración do Concello de Ordes. Nesta ocasión as bandas que poñerán a música na Alameda ordense serán a Banda de Música de Ordes e a Banda de Música de A Golada.
*