Proximamente haberá un novo percorrido, esta vez polas parroquias de Buscás e Poulo
O programa Voluntariado Verde segue promocionando o seu cuarto bloque de actividades relativas a iniciativas relacionadas co sendeirismo e actividades na natureza a través da realización dunha nova andaina polo roteiro do río Mercurín que tivo lugar o pasado sábado. Durante a actividade, un grupo de persoas realizaron os 15 kilómetros de percorrido do roteiro, disfrutando á vez da fauna e flora características de todo este entorno.
Tal e como explicaron dende o departamento de Medio Ambiente do Concello, as actividades de sendeirismo volverán a realizarse nos próximos meses cun novo roteiro que pasa polas parroquias de Buscás e Poulo.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Sanidade e Medio Rural de Ordes
"As actividades de sendeirismo son unha boa forma de entrar en contacto coa natureza a través de camiñatas ó aire libre, xa que permiten mellorar de forma saudable as condicións físicas e psíquicas dos participantes, permitindo ademáis unha sana convivencia entre amigos e familiares"
Foto: Momento do percorrido do roteiro polo río Mercurín.
*