viernes, 20 de agosto de 2010

Xa podes inscribirte nas ligas deportivas da comarca de Ordes

Organizadas pola Asociación Deportiva de Ordes, este ano está previsto que haxa ligas de fútbol sala femenino e masculino, bádminton, balonmano, tenis, tenis de mesa, xadrez, baloncesto, tute, voleibol, diana, póker, chave e futbolín


A Asociación Deportiva de Ordes, contando coa colaboración do Concello, ten todo preparado para a celebración esta próxima tempada das Ligas Deportivas da Comarca de Ordes.


Unhas ligas, que nesta ocasión e como novidade, incluirán diferentes modalidades. Así, está previsto que se celebren ligas de fútbol sala femenino e masculino, bádminton, balonmano, tenis, tenis de mesa, xadrez, baloncesto, tute, voleibol, diana, póker sen apuestas, chave e futbolín. A inscrición mínima para que se celebre a liga en cada modalidade será de sete equipos por deporte.

Todos aqueles que estean interesados en participar deberán facer as súas inscricións ata o próximo 15 de setembro no teléfono 606910334, onde poderán recibir máis información, así como a través da dirección de correo electrónico asociaciondeportivaordes@gmail.com ou na web www.asociaciondeportivaordes.es.tl