viernes, 13 de agosto de 2010

O Rápido de Ordes, campión do Maratón de Fútbol 7 de Frades


Participaron máis de 60 xogadores dos concellos de Ordes e Frades

O conxunto do Rápido de Ordes e o Combinado de Frades proclamáronse campións da primeira edición do Maratón de Fútbol 7 do Concello de Frades, nas categorías infantil-cadete e xuvenil, respectivamente. Un torneo celebrado no campo municipal de Abellá e que foi todo un éxito de participantes como de público, sobre todo tendo en conta que se trataba da súa primeira edición.

O maratón, no que participaron máis de 60 xogadores dos municipios de Ordes e Frades, disputouse baixo o sistema de liguilla, con dous grupos de tres equipos cada un, sendo o campión o que máis puntos conseguiu. Na categoría xuvenil, o triunfo foi para o Combinado de Frades, que tamén se levou o pichichi grazas aos goles de Gonzalo. O trofeo ao arqueiro menos batido foi para Cristian.

Álex e Joel, máximos goleadores
Na categoría infantil-cadete, gañou o Rápido de Ordes, que tamén se levou o trofeo ao máximo goleador, que recaeu en Álex, galardón que compartiu con Joel, do Frades, xa que anotaron o mesmo número de goles. O trofeo zamora caeu nas mans do porteiro do A. C. Ordes.

A clasificación do maratón quedou como sigue:

- Categoría infantil-cadete: 1- Rápido de Ordes; 2- A. C. Ordes e 3- Frades.

- Categoría xuvenil: 1- Combinado de Frades, 2- Papucín e 3- Atlético Ordes.

Foto: Os equipos gañadores, Combinado de Frades e Rápido de Ordes.
*