jueves, 5 de agosto de 2010

Ardemil celebra esta fin de semana a súa tradicional malla

.
Organizada pola Asociación Cultural Castro da Croa e que conta coa colaboración do Concello de Ordes

A parroquia ordense de Ardemil acollerá esta fin de semana a celebración da súa tradicional malla. Un evento organizado pola Asociación Cultural Castro da Croa e que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

Aínda que xa o pasado sábado 31 de xullo se levou a cabo a sega do trigo, os actos centrais da malla de Ardemil terán lugar esta fin de semana, dando comenzo o venres día 6 de agosto pola noite, a partir das 22 horas, con panceta de balde para todos os asistentes.

Xa na xornada do sábado, un pouco antes das 12 horas inaugurarase unha estatua en homenaxe á malla, ao que seguirá a malla propiamente dita, que se completará cunha gran feira de antigüedades e tractores novos e antigos. Dende a organización esperan que se trate da feira de antigüedades máis grande de Galicia, que contará ademais con feira de tractores novos e exposición de coches antigos, motos, tractores, mobles, pías, arapos e motores antigos de mallas entre outras cousas.

Tamén na xornada do sábado, pola mañá contarase coa actuación dun grupo de gaitas e a partir das 16 horas actuación do grupo “Maldados”. Polo día e á noite actuación do grupo “Dúo Tajú”.
Ademais haberá carpas con polbo e carne ó caldeiro e a actuación dun mimo.

Xa para o domingo día 8 de agosto, ás 12 horas haberá unha concentración de tractores antigos.

*