sábado, 14 de agosto de 2010
Os membros do Voluntariado Verde traballan nun novo roteiro
Estiveron encargados da marcaxe e acondicionamento da percorrido polas parroquias de Buscás e Poulo
O programa Voluntariado Verde do Concello de Ordes está a traballar no acondicionamento e marcaxe dun novo roteiro que pasa polas parroquias de Buscás e Poulo. A actividade realizouse en dúas etapas, os días 5 e 12 de agosto.
Durante a actividade, os voluntarios inspeccionaron en primeiro lugar a ruta para posteriormente colocar e marcar o roteiro coas sinais indicativas dos roteiros de percorrido corto.
Charla sobre a prevención de lumes
Por outra banda e enmarcado tamén dentro das iniciativas do Voluntariado Verde o próximo xoves 19 de agosto celebrarase unha charla de Vixilancia e Prevención de Lumes. Será de 11:00 h. a 13:00 horas no Centro Comarcal.
Podes ver o vídeo da limpeza do río Cabrón en setembro de 2009 por un grupo de voluntarios, estudantes, membros da Asociación Tarandeira, de Adega e traballadoras do Grumir de Ordes:
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"É de destacar a gran labor que están a desempeñar os nosos voluntarios quen de forma desinteresada contribúen a fomentar as novas rutas e a coidar as xa existentes ao tempo que disfrutan do noso patrimonio natural"
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira