O próximo 21 de agosto volverase a repetir o roteiro e todos os que queiran participar deberán anotarse con anterioridade no Concello
O pasado 31 de xullo tivo lugar un roteiro polas marxes do río Mercurín no cal participaron un grupo de 15 persoas motivadas e interesadas polo sendeirismo. Ao longo dos 15 quilómetros de percorrido que durou aproximadamente catro horas, os participantes disfrutaron das paisaxes que ofrece a nosa comarca.
O roteiro volverá a realizarse o próximo sábado 21 de agosto. Todas aquelas persoas que queiran participar terán que anotarse no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes.
.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O obxectivo desta actividade enmarcada dentro do bloque de sendeirismo do programa de Voluntariado Verde é fomentar o contacto coa natureza ó tempo que se mellora a condición física a través de actividades ao aire libre promovendo así un hábito saudable"
*