Regos: "Estas obras axudarán a mellorar o alumeado e tamén contribuirán ao aforro enerxético"
O Concello está a levar a cabo proxectos de mellora no alumeado público do municipio. Concretamente estas actuacións estanse a levar a cabo na estrada N-550 ao seu paso pola parroquia de Leira.
Se trata dun proxecto de mellora incluido dentro do paquete de obras que o goberno local do Concello de Ordes leva a cabo a través do novo fondo estatal que destinou ao municipio máis de 1,3 millóns de euros, fondo no que se incluiron tamén outros proxectos similares como os de adecuación e mellora de eficiencia enerxética do alumeado público no núcleo urbano do municipio, concretamente na rúa Canteira e no segundo tramo da rúa República Arxentina e a rúa Víctor González Faya.
Entre o resto de proxectos que o goberno local incluíu neste fondo atópase o saneamento en Parada, saneamento e abastecemento na Carballeira en Cabeza de Lobo (Ardemil), saneamento e abastecemento en Vilariño na parroquia de Buscás, a construción dun novo depósito de auga en Ordes, a construción de tres pistas polideportivas en Montaos, Poulo e Beán, o bombeo de fecais no campo de fútbol municipal e a realización das fachadas das dependencias municipais da Alameda de Ordes.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Estas obras, moi demandadas polos veciños e que consideramos importantes para o noso municipio, permitirán por unha parte mellorar o alumeado público, así como contribuir ao aforro de enerxía”
*