O Concello pecha o programa estival co balance de “moi positivo”
O concelleiro de Cultura e Deporte do Concello de Ordes, José Ramón Vázquez Raña, amosou hoxe a súa satisfacción polo "gran éxito" que ao seu xuizo obtivo o programa 'Verán Cultural' deseñado dende a súa concellería. Raña destacou tanto a "calidade" como a alta "participación" do mesmo agradecendo aos veciños e veciñas e aos visitantes do municipio a boa acollida que tiveron para con estas actividades.
Segundo o concelleiro, foron "milleiros de persoas" quenes participaron dende o pasado 13 de xullo nas actividades culturais organizadas polo Concello e que tiveron como escenario a Alameda de Ordes.
Foto: O concelleiro de Cultura e Deporte de Ordes, Xosé Ramón Vázquez Raña.
*