As familias traerán a súa propia comida de casa e o Concello de Ordes instalará unha carpa no campo da festa de Poulo
Terá lugar este sábado a partires das 13.30 h. no campo da festa de Poulo
Un total de 150 veciños e veciñas de Ordes formalizaron a súa inscrición no xantar familiar do 'Día das familias', cuxo prazo de anotación rematou hoxe mércores. Un xantar que terá lugar este sábado 3 de outubro, a partires das 13:30 horas, no campo da festa de Poulo.
O lugar de A Senra (Poulo) acollerá unha gran carpa, instalada polo Concello de Ordes, onde as familias poderán disfrutar do xantar. Unha comida que traerá cada familia das súas propias casas. Posteriormente, a partires das 17:30 horas, a Concellería de Servizos Sociais ten programados xogos populares e unha actuación musical en directo.
Esta será a primeira ocasión na que o Concello de Ordes celebre o 'Día das Familias' organizando un gran xantar popular, xa que o que se facía ata o de agora era organizar excursións de familias como a realizada en 2008 á Ribeira Sacra, que incluíu unha ruta en catamarán polos canóns do río Sil.
____
Vídeo: Gaiteirada en Poulo.
*