sábado, 5 de septiembre de 2009

O luns comenza en Ordes a Universidade de Verán

.
A menos de 48 horas da histórica cita coa Universidade de Santiago de Compostela

A Casa da Cultura de Ordes acollerá este luns pola tarde a primeira xornada do curso “A xestión ambiental nos concellos galegos”, unha iniciativa presentada polo Concello de Ordes en colaboración con Francisco Peña Castiñeira, director do curso, e María Julia Melgar Riol, secretaria do mesmo. Será a primeira ocasión na que Ordes sexa sede dun curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela.

O curso dará comezo cun relatorio inaugural a cargo de Domingo Gómez Orea, catedrático de Medio Ambiente, Ordenación Territorial e Planificación do Desenvolvemento da Universidade Politécnica de Madrid, baixo o título “Avaliación ambiental estratéxica: un instrumento para o desenvolvemento sostible”.

O curso prolongarase ata o venres, 11 de setembro en xornadas de mañá e tarde.
____

Foto: O profesor Domingo Gómez Orea.


*