sábado, 5 de septiembre de 2009

Fin de semana de saldos na Alameda

Será hoxe sábado e mañá en horario de 11 a 22 horas na Alameda

A Alameda de Ordes acolle esta fin de semana a I Feira de Saldos. Promovida pola Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes) en colaboración co Concello ordense, prevese que un total de 18 stands ofrezan a veciños e visitantes unha feira multisectorial onde se poderán adquirir a excelentes prezos desde produtos textiles ata fogar, calzado, bisutería, obxectos de decoración, alimentos tradicionais, etc.

En horario de 11h a 22 horas, os seus promotores agardan que sexa todo un éxito tanto de público como para os comerciantes co obxectivo de poder consolidala no tempo para posteriores edicións.
*