A aposta de Regos é clara pola formación e por políticas activas de emprego
Regos: "O noso concello está a traballar duramente polo emprego estable e pola formación dos nosos cidadáns que é o camiño para un posto de traballo cualificado e de calidade"
O Concello ven de facer balance das actuacións acometidas en materia de emprego no primeiro semestre do ano. Neste sentido, Manuel Regos é rotundo. “A aposta deste municipio pola creación de oportunidade e posto de traballo para todos os veciños e veciñas da nosa vila é clara”, explica, ao tempo que aclara que que “en relación aos últimos datos do paro no noso concello hai que dicir que nos últimos meses a tendencia é á baixa no número de desempregados”.
En canto ás últimas informacións aparecidas en relación aos datos do paro, “hai que recalcar que están a ser interpretadas dun xeito non moi adecuado xa que se está a comparar o concello de Ordes co resto da comarca e, como é ben sabido, dentro desta hai concellos con situacións moi diferentes o que fai que as cifras se distorsionen”, puntualiza o Regos , quen aclara que estamos a vivir unha situación complicada e difícil de crise tanto en Ordes como en todos os concellos e “o noso concello está a traballar duramente polo emprego estable e pola formación dos nosos cidadáns que é o camiño para un posto de traballo cualificado e de calidade, e isto reféxase nas actuacións e políticas activas de emprego dentro do noso”.
Iniciativas polo emprego
Entre as iniciativas acometidas polo departamento de promoción de emprego do Concello de Ordes durante o primeiro semestre do ano, destacou especialmente o Obradoiro de emprego “Ramón Rubial II”, o segundo que se concede na historia do concello para a formación teórica e práctica e emprego así como os programas de cooperación tanto xenéricos como para colectivos desfavorecidos, executados en colaboración coa Consellería de Traballo.
Ademais, o Concello de Ordes levou adiante o proxecto de formación en axuda a domicilio “Rede Xiana” en colaboración coa Deputación así como as Xornadas de Cooperativismo para o apoio ás iniciativas de economía social. Nunha clara aposta pola formación, este municipio tamén procedeu a homologación de novas especialidades e desenvolveu cursos como o de Photoshop para o apoio a autónomos e empresarios, sen esquecer o traballo de colaboración coa Confederación de empresarios de Galicia para cursos de Prevención de Riscos Laborais ou a xestión de axudas e subvencións e a xestión de ofertas de traballo para particulares.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Estamos a vivir unha situación complicada e difícil de crise tanto en Ordes como en todos os concellos"
“O noso concello está a traballar duramente polo emprego estable e pola formación dos nosos cidadáns que é o camiño para un posto de traballo cualificado e de calidade, e isto reféxase nas actuacións e políticas activas de emprego dentro do noso”
“Todo iso sen esquecer o novo polígono industrial, coa súa contribución para a creación de postos de traballo e riqueza no noso concello”
“Seguiremos a traballar a reo para levar a adiante máis proxectos encamiñados á creación de oportunidades e o emprego neste municipio”
*